Filtros de Instagram, inocuos na autoestima?

Hai que recoñecelo, os filtros que quitan olleiras, palidez, grans e calquera imperfección, son un subidón inmediato de autoestima. Agolpe de clic, unha persoa con mala cara por non durmir en toda a noite, pode verse máis fresca que unha leituga. E iso, achega moita seguridade no momento de poñerse diante dunha cámara.

Pero, que pasa cando quitamos o filtro? Pois que o efecto desaparece e cada unha ten que lidiar co que viña de ‘ocultar’ para a súa comunidade. Non todas o xestionamos igual, e un factor clave é o amor propio co que nos miramos no espello. Se ese amor é forte, os filtros son un mero accesorio, un xogo.

Non obstante, se somos duras con nós mesmas e aborrecemos a nosa imaxe ‘ao natural’, a nosa saúde mental corre risco. Aceptar o noso físico (ou non) inflúe á hora de construír e reivindicar a nosa identidade.

É un tema complexo. Navegar por redes sociais ofrece un sen fin de posibilidades pero tamén pode ser prexudicial para o noso benestar. Hai moitos factores a ter en conta para saír indemnes do seu uso, e aprender a manexalos require dun ollo escéptico e moito autocoñecemento. E se xa como adultos é tarefa difícil, nin qué falar do necesario que sería
a educación destes temas en adolescentes.

En fin. Que usar filtros pode estar ben se che apetece, pero tendo en conta sempre cómo inflúen en ti. Se suman máis que restan.

Texto: Xiana Meda.

Ilustración: Augusto Metztli.

*¿Te gustó el artículo y la ilustración? ¿NOS APOYAS CON 2$, 5$ ó 10$ al mes? Llevamos más de siete años ilustrando la actualidad. GRACIAS.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .