Nestes días de incerteza e tensión para nós, intento imaxinar como os animais que nos acompañan están a percibir esta situación. Penso en Blues, o meu can, acostumado a dar longos paseos e correr solto, agora tamén limitado a uns metros debaixo da casa.
Gustaríame poder explicarlle o por qué deste cambio, para que cando saimos non chorase frustrado por non seguir as rutas habituais. Non podo. El sabe que algo pasa, non está conforme pero non temos maneira de solucionalo a corto prazo.
Pese a iso, Blues é afortunado. Ten un fogar, recibe os coidados pertinentes e desfruta de amor infinito. É triste que a estas alturas dispor do esencial sexa considerado unha sorte. Pero por desgraza, así é. Son varias as noticias que lin nas que alertaban do aumento de abandonos a cans por medo a que contaxiaran o Covid-19. A propia OMS tivo que facerse eco aclarando que non había evidencias que probasen tal cousa. Guau, o egoísmo humano nunca deixará de sorprenderme.
Creo que o problema é que o termo “ter unha mascota” conduce a un erro conceptual para moitas persoas. Pensan que “ter” e igual a posuír, cando o que implica é “responsabilizarse” e “comprometerse”. Un can depende de ti, pero en ningún caso se convirte nunha pertenza inerte.
Se decides convivir cun animal, estás asumindo unha serie de deberes con ese ser. O primeiro, garantirlle unha vida digna. Iso implica tempo, paciencia, recursos e moito amor. Se non podes asegurar que o vas a cumprir, non os adoptes.
Blues non é un animal de compañía, é un compañeiro de vida. Sinte e padece. Non nos expresamos na mesma linguaxe pero conseguimos entendernos a maioría das veces. El quere volver a normalidade tanto coma nós. E eu só podo prometerlle que volveremos a correr pola praia en canto todo isto acabe.
Texto: Xiana Meda.
Ilustración: Augusto Metztli.
*¿Te gustó el artículo y la ilustración? ¿NOS APOYAS CON 2$, 5$ ó 10$ al mes? Llevamos más de seis años ilustrando la actualidad. GRACIAS.
Reblogueó esto en REBLOGADOR.
Me gustaMe gusta