
É curioso. Cando na televisión vemos anuncios poñemos mala cara e cambiamos de canle. E queixámonos. Pufffff, que preguiza tanta propaganda.
En cambio, nas redes sociais consumimos publicidade de forma activa case todo o tempo sen protestar. De influencers, de famosos/as, de marcas (seino, tiro unha pedra contra o meu propio tellado), de anuncios en stories ou post que a plataforma che cola polo medio e ata da túa veciña que lle fai promoción a un sitio de uñas ao que xa estás tardando en ir facerte a manicura.
Compra isto. Consume isto outro. Viaxa aquí. Mellor come alá. A mín só me ven unha palabra á cabeza: saturación. O que acabará supoñendo unha perda de interese por consumir contidos nesta plataforma (e ollo, hainos de moita calidade, utilidade e inspiración).
Instagram converteuse nun escaparate onde poder mercar de todo menos o tempo que nos rouba.
Texto: Xiana Meda.
Ilustración: Augusto Metztli.
*¿Te gustó el artículo y la ilustración? ¿NOS APOYAS CON 2$, 5$ ó 10$ al mes? Llevamos más de siete años ilustrando la actualidad. GRACIAS.