Rosalía de Castro Reloaded

A Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 24 de febrero de 1837 – Padrón, 15 de julio de 1885) la he descubierto poco a poco, a cuentagotas y de mano de lo cotidiano. Como cuando hace años, en el cine de la universidad en Guadalajara en México, vi la película «Mar adentro» y me conmovió tanto aquella canción de «Negra sombra» cantada por Luz Casal. Viviendo aquí, encontré un disco de Carlos Nuñez, lo compré porque me apetecía conocer música galega, y cuando lo puse, sonó aquella misma canción, y ahí en los créditos decía «Rosalía de Castro». No hace mucho, durante meses, Marthazul y yo íbamos varias veces por semana a Santiago de Compostela, para pintar murales en el área de pediatría del CHUS. Si vas en el tren regional desde Vilagarcía, seguro que pasas o incluso te detienes en la estación de Padrón, y en frente puedes ver la bellísima casa donde vivió Rosalía, yo fantaseaba al ver algunos árboles centenarios de su jardín, pensando en que ella leía bajo su sombra. Pero lo más significativo lo viví hace poco, el mar Atlántico, es la matria de los y las galegas. Manolo, mi suegro, al que apreciaba mucho, poco antes de morir quiso ir a despedirse del mar, ya era muy tarde, sus huesos adoloridos no aguantaban subirlo al coche, no pudimos, pasamos la tarde en el patio al sol, pensando en el mar. Murió a la semana. Rosalía de Castro, poco antes de morir, quiso despedirse de ese mar plateado o a veces plomizo, pudo ir en tren y después en barca a Carril, a la playa que llaman la Covacha. Ahí fue su despedida.

Sé que Rosalía es muy especial para la gente de Galiza. Me parece que cada año que pasa, su figura es aún más apreciada y poderosa. Por eso pensé en preguntarle a cuatro mujeres galegas de distintas generaciones y relacionadas con las letras y la comunicación ¿Qué significa para ellas Rosalía de Castro?  Aquí sus respuestas:

«Quero militar na disconformidade e na insatisfacción

Quero vivir nun permanente estado reivindicativo

Quero espirme de prexuízos e reafirmarme no que son

Quero suar sensibilidade

Quero ser muller con maiúsculas

Quero morrer na Galiza

Coma Rosalía de Castro

Ela é nai e señora, o espello no que non esquezo mirarme de cando en vez mentras transito os carreiros da vida

Ela foi libre, eu aínda traballo nisto.»

Neves Rodríguez (Actriz e comunicadora)

«Galicia, construída no imaxinario colectivo a base de símbolos e mitos, non se concibe xa sen os versos de Rosalía de Castro.

Rosalía é unha icona popular da literatura galega e forma parte da nosa identidade cultural como pobo.

Que eu recorde, a primeira vez que lín un libro dela estaba nos primeiros anos de instituto. Foi a través dos poemas de ‘Cantares Gallegos’ que descubrín a voz desta autora, e recordo sentirme emocionada por poder achegarme a súa figura dunha forma máis próxima e íntima.

Lendo os seus libros e coñecendo datos da súa vida, a palabra ‘referente’ adquire un gran valor engadido.»

Xiana Meda (Periodista especialista en medio ambiente)

Quero ver o mar”, este foi o último desexo dunha Rosalía xa enferma consciente da proximidade da morte. Un desexo que se cumpriu cando familiares e amigos levaron a Rosalía a pasar uns días a Carril e que nos amosa a unha muller pegada á súa terra, esa muller que atopamos na súa poesía.

Se hai unha particularidade das letras galegas, é que a súa máis grande figura é feminina. Gústame pensar que non é casual, que isto reflicte a un pobo no que as mulleres (nais, avoas, fillas, irmáns) constitúen o núcleo arredor do que se desenvolve a vida, o latexo. O que non quere dicir que Galicia sexa un matriarcado, simplemente que Rosalía, muller, púxolle voz ao sentir e ser dun pobo e que o pobo se recoñeceu e segue a recoñecerse nela.

Pero, sobre todo, gústame pensar na continuidade de Rosalía. En todas as poetas que viñeron despois, en todas as que son e serán, que non serían se Rosalía non fora primeiro. Así que, como Rosalía, seguen expresando o sentir e ser de Galicia.

Wilde escribiu que “a natureza imita á arte”, unha imaxe que sintetiza como a arte inflúe na nosa relación e percepción do entorno. Cando camiño por Carril, non podo evitar pensar que ese foi o último mar que mirou Rosalía. E ese mar, que é o mesmo, mírase distinto porque antes o mirou Rosalía. Diría que se mira máis mar. Así como esta terra se sinte máis Galicia porque antes a habitou Rosalía.

Vera Eikon (Escritora e política)

«Que é Rosalía para min? Unha revolucionaria, unha activista, unha adiantada ao seu tempo, unha visionaria. Na miña casa non había libros. Con 14 anos ganei un concurso de poesía, e entre outros, o premio foi un libro coa obra de Rosalía, que alimentou a miña fame de saber e me condicionou para sempre. Ela foi faro e guía, a través dos seus versos entendín o que era o feminismo, a inxustiza, a denuncia social, a violencia machista, o compromiso coa lingua e coa terra, o expolio, a empatía, a conciencia de país… Con Rosalía aprendín a recoñecerme.»

Cruz López (Escritora, xoieira e xestora cultural)

Ilustración y texto introductorio: Augusto Metztli

*¿Te gustó el artículo y la ilustración? ¿NOS APOYAS CON 2$, 5$ ó 10$ al mes? Llevamos más de siete años ilustrando la actualidad. GRACIAS

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.